Dende a Limia
07:38 h. Domingo, 20 de Agosto de 2017

A Casa dos Poetas acolle a presentación da obra "O monstro de Ille"

O. Ferreiro | 29 de Mayo de 2017 (22:38 h.)

A Casa dos Poetas da Fundación Curros Enríquez –en Celanova– acolle este mércores 31 de maio, ás 20:00 horas, a presentación do libro O monstro de Ille de Jorge Emilio Bóveda.

O autor estará acompañado na presentación do seu libro –que está editado pola Editorial Galaxia– polo escritor Juanjo Lamelas e polo director da editorial, Francisco Castro –quen recentemente substituíu a Víctor Freixanes á fronte da editora en galego máis antiga de Galicia–.