Dende a Limia
18:20 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

A Casa dos Poetas acolle a presentación dun libro sobre a masonería

O. Ferreiro | 29 de Junio de 2017 (22:28 h.)

A Casa dos Poetas acolle este sábado, día 1 de xullo ás 12:00 horas, a presentación do libro Masonería e República en Celanova de Pablo Sánchez Martínez.

O libro conta cun prólogo de Alberto Valín Fernández. A entrada ao acto é libre e de balde até encher aforo. Na organización do evento colabora o Concello de Celanova.