Lunes 20.05.2019

O CDR O VISO E O CDR PORTAS ABERTAS FAN UN CHAMAMENTO Á CIDADANÍA PARA PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN REIVINDICATIVA DA “ESPAÑA BALEIRADA”.

CDR O VISO
CDR O VISO

O CDR O Viso (Lodoselo) e o CDR Portas Abertas (Vilardevós) dende a Galicia baleirada únense á España baleirada asistindo á manifestación na Praza Colón de Madrid o 31 de marzo ás 12.00h.

Dita manifestación está focalizada na inxustiza da situación do medio rural que se baleirou para facer medrar as industrias das grandes cidades e que se segue a baleirar polas políticas que se aplican sobre él. Non está convocada por ningún partido político, senón por plataformas cidadanas que loitan contra a despoboación e por un medio rural habitable.

Dende o CDR O Viso e dende o CDR Portas Abertas, a través de COCEDER (Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural) fan un chamamento á cidadanía para participar nesta manifestación na defensa dos servizos e da vida no medio rural. Se queredes acompañalos o 31 a Madrid podedes contactar nas oficinas do CIX (rúa Ladeira, número 21, Xinzo de Limia) e/ou no teléfono 988-461-571 e no C.D.R Portas Abertas (R/ Xacinto Santiago, 23, 32616, Vilardevós- R/ Mariano Carrero, 10, 32600, Verín ou no teléfono 988417232). Contaremos con autobús previa inscrición!