martes 16.07.2019

O CDR O Viso comeza un novo curso de Educación Familiar Infantil na Limia

    A boa acollida e alta participación das familias animaron a que se convoque un novo curso do que se coñecía antes como "prescolar na casa". 

Educación Familiar Infantil ten como obxectivo "crear un espazo de intercambio e reflexión para realizar actividades relacionadas coa crianza e a educación dos fillos e fillas", destacan dende o CDR O Viso. Cativos e maiores poderán ó tempo relacionarse con semellantes, xogar e participar en situacións de aprendizaxe, descubrimento e comunicación. 

O proxecto está financiado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdade, contando co apoio económico de La Caixa Xinzo de Limia e  a Fundación Espadaña.

Polo momento deron comezo as reunión para informar ás novas familias sobre o programa e fixar horarios e días coas que repiten participación. 

As xuntanzas informativas que xa se celebraron forn no CEIP Carlos Casares e CEIP Rosalía de Castro de Xinzo e no CEIP Sarreaus. O vindeiro luns será a quenda en Trasmiras, o martes en Os Blancos e o mércores no CEIP Cualedro. 

As persoas que queiran participar poden porse en contacto no teléfono 988461571, no e-mail eduinfam@cdroviso.org ou achegándose á oficina situada na Praza Maior de Xinzo no número 1.

 

Comentarios