Dende a Limia
14:05 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

O CDR O Viso organiza unha "xornada intercultural" no Rosalía de Castro

O. Ferreiro | 11 de Noviembre de 2017 (22:29 h.)

O vindeiro día 1 de decembro, o CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de LImia acollerá unha "Xornada Intercultural" con diferentes actividades organizada polo CDR O Viso.

O obxectivo é "promover a convivencia entre diferentes culturas".

O obxectivo é "promover a convivencia entre diferentes culturas e combater o sesgo etnocéntrico característico da cultura cristiá", afirman dende a organización do evento.

As actividades consistirán nunha mesa redonda sobre o islam, pintura de henna, degustación de pratos típicos doutros países e músicas do mundo.

Para participar é preciso inscribirse previamente no teléfono indicado no cartaz superior.