lunes 26.08.2019

O CHUO rexeita toda relación cos vertidos de Rairiz de Veiga

Myriam  Sierra Gómez en nome da Xerencia manifesta : A Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde en Ourense nega toda responsabilidade nos verquidos de residuos descubertos no concello de Rairiz de Veiga e lamenta fondamente que feitos así se produzan.

                               A xestión de residuos desta institución pública é absolutamente impecable e cumpre a normativa vixente, empregando sempre xestores autorizados para a retirada e eliminación de residuos, que desde  o nosos centros se separan, empaquetan ou compactan segundo as distintas clasificacións establecidas por lei.
Ademais de expresar o máis fondo rexeitamento á actuación dos autores destes feitos, lamentamos se tenten vencellar  inxustificadamente a esta institución sanitaria, poñendo en dúbida a profesionalidade dos nosos traballadores.