Dende a Limia
18:00 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Colaboración total do Concello coa asociación Pro Limia

| 26 de Octubre de 2017 (20:10 h.)
484
484

O Tesoureiro de ProLimia Roberto Campo foi recibido esta mañá no Concello de Xinzo de Limia por o Alcalde e por o Concelleiro de Economía e Comercio.

A reunión non programada, xurdiu pola visita do Tesoureiro da Asociación o Concello, coa intención de presentar os gastos orixinados por algunhas das accións e campañas publicitarias que ten levado a cabo este colectivo de Comerciantes Limiaos, cos que ten colaborado a Concellería de Comercio.

No transcurso do encontro o Tesoureiro aproveitou para solicitar o rexedor municipal un convenio de colaboración económica cara o exercicio 2018.

O Alcalde de Xinzo pola súa parte, comprometeuse a manter a colaboración con esta asociación é, a estudar as posibles fórmulas administrativas para facer efectivas as axudas económicas que contribúan a financiar as necesidades e campañas de ProLimia cara o 2018.