Dende a Limia
11:58 h. Martes, 23 de Octubre de 2018

Colgamento do Meco e domingo Oleiro

| 25 de Enero de 2018 (11:36 h.)

Este sábado volven as celebracións do entroido de Xinzo co colgamento do Meco na Praza Maior. Entre lusco e fusco o Meco percorrerá as rúas do casco vello dende a praza de Oriente ata a a Maior acompañado por corozas e fachóns. Xa na praza procederase o seu colgamento no medio da mesma para permanecer nela presidindo o Entroido ata o seu fin.

As 22:30 haberá a actuación do grupo Pelepau.

meco e oleiro

A organización do Entroido agradece a tódolos que acompañen ao Meco, así como todos os que vaian a presenciar os actos, a poder ser que vistan corozas ou traxes vellos así como apeiros de labranza dos anos 20/30.

DOMINGO OLEIRO

A festa do segundo domingo de entroido comezará co Oleiro infantil na praza Maior a partir das 13 horas. Media hora antes sairá o carro coas olas dende o Museo do Entroido.

As 17:00 comezará na mesma praza Maior o Oleiro Sénior onde se escacharán mais de 200 olas  para rematar a festa as 20:30  co colectivo “Fiadeiro”. Tamén para o domingo a organización fai o mesmo chamamento de vestimenta coma o sábado.