Dende a Limia
00:12 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

Os comerciantes e hostaleiros asociados a ProLimia, porán en marcha unha campaña de Nadal

| 29 de Noviembre de 2018 (19:59 h.)

Os establecementos contarán como fai tres anos con cartóns  que selarán por compras e entrarán  ao final da campaña nun  sorteo de varios vales de compras  de diferentes cantidades.

Este foi o principal acordo, e tamén o principal obxectivo da reunión mantida na noite de onte polos asociados de cara as vindeiras datas.

A PRESIDENTA NON SE PRESENTARÁ A REELECCIÓN

Outro dos puntos a tratar na reunión mantida era a de elixir data para a Asemblea Xeral, na que se elixirá unha nova directiva, unha vez que membros da mesma xa dimitiron neste verán pasado.

A Presidenta actual manifestou ante os socios presentes que ela non se presentará a reelección, inda que espera que sexan moitas as persoas que si o fagan, para que esta asociación siga o camiño emprendido. A data  da asemblea non quedou marcada, quedando a presidenta de convocala nas primeiras semanas do 2019.

Os comerciantes decidiron a campaña de nadal e non se cerrou data da próxima asemblea aínda que será a principios de 2019 e nomearse nova directiva...