Dende a Limia
00:14 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

Os comerciantes teñen ata o día 10, luns, para anotarse

| 04 de Diciembre de 2018 (12:38 h.)

A directiva de ProLimia mandou comunicación a todos os seus asociados para que aqueles que queiran participar na campaña do comerzo local de Nadal se anoten.

A decoración exterior dos establecemntos será reutilizando as árbores do ano pasado “tuneadas”.

CARTONS PARA 5 COMPRAS

Cada establecemento repartirá entre os seus clientes uns cartóns con cinco apartados que deberán encher con selos de cada local  por cada compra superior a 10€.  Todos estes cartçons que estén selados na súa totalidade pasarán ao sorteo final de vales  dende  50 a 500 €, para consumo nos establecementos  que participaran na campaña.

CUSTO ENTRE 15 e 20 €

Os establecementos de comercio hostalaría, servicios e industria que queiran participar Terán que aboar entre 15 e 20 euros, que será o custo total da campaña.