domingo 17.11.2019

Comeza o prazo de inscrición para o Plan de Formación Agrogandeira na Limia

Tes ata o luns 11 de novembro para inscribirte neste curso destinado a agricultores/as e gandeiros/as profesionais inscritos/as no REAGA.

99999999999999
99999999999999

O luns 25 de novembro deste ano 2019 é a data na que se prevé que dará comezo o Plan de Formación Agrogandeira na Limia. Isto é, un curso composto de dous módulos comúns nos que se abordará a normativa de tratamento de residuos e Medio Ambiente así como tres módulos específicos sobre a xestión de residuos na gandaría, no cultivo da pataca e no cultivo do cereal. Os módulos comúns impartiranse en 11 horas mentres que os tres específicos abarcan 16 horas.

Coa participación da Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021, o Plan de Formación Agrogandeira na Limia realizarase nun lugar pendente aínda de concretar de Xinzo de Limia e poderán participar todos aqueles agricultores/as e gandeiros/as profesionais incritos/as no REAGA.

As persoas interesadas poden apuntarse tanto por vía telefónica no teléfono 988.386.477 ou mediante un correo electrónico á dirección mediorural.ourense@xunta.gal

9999