Dende a Limia
23:32 h. Jueves, 19 de Julio de 2018

Comezan as obras da rúa da igrexa e da rúa do Peto

| 15 de Marzo de 2018 (22:09 h.)
Rúa do Peto
Rúa do Peto

A data  do inicio da obra na rúa da igrexa será  o próximo  luns 19 de marzo. Ó mesmo tempo, e de forma independente, tamén comezarán as obras na rúa do Peto. Estímase que os traballos, levados a cabo por empresas diferentes, finalicen en dous meses como máximo.

Informe favorable do arqueólogo

As ruínas atopadas serán  xeolocalizadas.

Tras o informe favorable do arqueólogo, os vestixios romanos a carón da igrexa vella illaranse  co  obxectivo de mantelos en  boas condicións. Protexeranse cunha cuberta de tela especial  esixida nestes casos, antes de continuar coa construción da rúa. Como tamén aconteceu con outras restos atopados en outros lugares da nosa vila,  xeolocalizaránse mediante coordenadas para posibles usos futuros.