domingo 22.09.2019

Comida de confraternización antes do cruce do río

Cada comensal tivo que aportar o prezo do menú. Non sairon os cartos dás arcas municipais
IMG_20190825_155650
IMG_20190825_155650

Onte a mediodía a alcaldesa Elvira Lama reuniuse nun restaurante da vila, nunha comida de confraternización con membros da corporación local e representante da organización da festa.

Á mesma acudiron tamén os alcaldes de Calvos de Randín e Vilar de Barrio. Tamén estiveron o Pte. da CCHMS José Antonio Quiroga e o Vicepresidente da Cámara de Montalegre David Teixeira.

A invitación foi feita persoalmente pola alcaldesa Elvira Lama, a todos os membros da corporación municipal, pero coa condición de que cada un se pagase o seu prato.

Segundo se pode comprobar na foto tomada, ningún dos membros do grupo da oposición do PP asistiu a mesma. Carlos Gómez asistiu como parlamentario galego da vila.