Dende a Limia
04:03 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

O Concello comezou a retirada do lixo no Toural

| 29 de Agosto de 2017 (20:50 h.)
Iván Prado
Iván Prado

Despois dunha semana de remata a festa do Esquecemento, os restos da festa que non eran de cada caseta seguían no sitio. Moitas foron as voces que lle botaban as culpas ao Concello.

Postos a fala co representante da organización Iván Prado remitiunos as declaración feitas nas redes sociais nas que exculpa totalmente a concellería e agradece que despois das xestións feitas ante a Deputación e o propio Concello, fose este o que se fixo ao final cargo da recollida, aínda que nos acordos, non era a súa obriga.

En nome da A. C. "Civitas Limicorum". Ante todo e aínda que a responsabilidade non sexa solo nosa, aínda que certa responsabilidade tamén temos por ser os xestores da Festa, quero informar que xa se atopou a solución e o Concello está procedendo esta semana a limpar e deixar a Alameda do Toural en perfectas condicións. Gustaríame en primeiro termo explicar os motivos que deron lugar a este desagradable inconvinte: A recollida de lixo do noso municipio está contratado a Deputación de Ourense, que presta o seu servizo os veciños de Xinzo e polo tanto a Festa do Concello. Por desinformación e falta de comunicación sucedeu que a recollida e a petición que acompañaba esa recollida non se puido atender dentro da normalidade que nos pretendíamos. O Concello véndose na obriga de recoller o lixo que ocasionou a Festa esta semana, mobilizando a brigada de medioambiente, está a desenrolar esta labor.