miércoles 23.10.2019
NOTA DE PRENSA DE AGER

O Concello de Rairiz as escuras pon non pagar a luz

Alquilou un xenerador  para poder traballar  porque segue sen suministro eléctrico
Foto enviada poir AGER
Foto enviada poir AGER

AGER (Agrupación de Electores de Rairiz de Veiga), comunica que o dia 17 de setembro de 2019, prodúxose o corte de suminstro eléctrico nas dependencias municipais, como consecuencia do impago do suministro a empresa comercializadora, paralizando o traballo administrativo do concello.

Dende AGER critícase a desorganización e mala Xestión do concello por parte do grupo de goberno do PP, incapaz de ter ó dìa servicios tan básicos como o refererido.

O corte no suministro pon en evidencia a mala situación económica do concello, ou mais ben a súa nefasta xestion dos recursos do CONCELLO, ademáis da desidia por parte do grupo de goberno, en cuestións tan básicas como non poder afrontar os gastos do suministro eléctrico da casa do concello. A pesar de que no último Pleno do mes de agosto, non se deu ninguna explicación sobre as contas e debedas do Concello, aprobando un presuposto coa sua mayoría absoluta , idílico e irreal que a hora da verdade sempre se imcumple, e todo vai a o saco de “Gastos xerais”. O de pagar a luz xa se lle recordou en varias ocasións, e nunca deu unha resposta concreta: que ven de atrás, que non sei que dos recibos xuntos e que xa o ia arranxar, Pero o final nada.

Dende AGER recordamos que na actualidade o concello de Rairiz de Veiga ten unha debeda superior os 700.000 euros, e que a alcaldesa está a percibir anualmente un salario de 24.240,16 euros pola súa adicación ao Consistorio, que vistos os acontecementos producidos e a súa xestión do concello, a adicación parcial cun soldo de 2000 euros o mes  faise difícil de explicar os veciños de Rairiz de Veiga.