Dende a Limia
04:03 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

Concerto-presentación da obra musical MAN

| 09 de Septiembre de 2017 (12:45 h.)

Na tarde do venres a Igrexa nova de Xinzo converteuse no auditorio onde a Agrupación Musical da Limia ofreceu aos presentes varias obras do seu repertorio e para finalizar fixo a presentación da obra MAN

CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA

Agrupacion musical da Limia

A orquestra limiá vai a ser invitada por primeira vez, sendo a única agrupación ourensá ao XI certame galego de bandas de música populares  que se celebrará en Santiago de Compostela os días 25 e 26 deste mes de setembro.

Para participar neste festival a agrupación presentará unha obra inédita denominada MAN.  O autor é o “mestre” Antón Alcalde  e trata da vida dun hermitaño alemán, que chegou a  terras galegas e non quixo voltar. Este home viviu a traxedia do Prestige e da posterior Marea Negra morrendo despois destes acontecementos.

Ata chegar a presentación, a agrupación ofreceu ao público asistente varias composicións  do seu repertorio habitual entre as que se encontran La Leyenda del Beso; El Sitio de Zaragoza  e No llores por mi Argentina.

Cada unha das interpretacións foi respostada polo publico con  fortes e largos aplausos chegando a cúspide unha vez rematou a interpretación da obra MAN coa que se presentarán en Santiago.