Dende a Limia
05:51 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

Concerto de primavera na casa de Cultura de Xinzo

| 15 de Abril de 2018 (11:59 h.)
187
187

Comezou o concerto,  a banda invitada dirixida por Diego Rodríguez Caride,  que se fixo cargo da mesma fai un ano e conta con 50 músicos músicos, tendo un hándicap na sección  de  metais, que aínda está escasa a formación. A orquestra  está asentada en  Vigo capital, da zona do arenal.

A orquestra e materia oficial dun conservatorio  totalmente privado  para alumnos de 12 a 17 anos.

 

En Xinzo interpretaron  Piratas del  Caribe, “Fantasía”,    unha obra con solista , continuaron coa interpretación da banda sonora  de El rei León  e para finalizar Gimme! Guimme! De ABBA, que segundo comenta Diego, nunca falla.

186

Tocoulle  a quenda despois a Agrupación Musical da Limia que dirixe dende fai anos  José Luis Tielas.  Parte do repertorio  consistiu en duas pezas especiais. A primeira “Apertura Lupiciana” será a peza obrigatoria no próximo concurso internacional de bandas  de Benavente, onde competirán con 12 formacións musicais de España ,Portugal e Francia.188

Como peza libre, levarán a obra Pilatus  de Estiven Reineke.  Baseada nunha lenda no  Monte Pilatus na vila de Lucerna  onde os veciños vivían atemorizados por un dragón.  Todo o pobo ¡decidiu ir a matalo, pero o dragón acabou con todos, menos un. Este último suplicoulle ao dragón para que non o matase e meso produciuse algo como o de que o dragón apiadouse, sentimento que non se concibe  nas feras. O dragón efectivamente apiadouse del e cunha pedra máxica sanou a todos os feridos e dende eses momento todos viviron en harmonía.

Para finalizar o concerto ofreceron dúas pezas totalmente coñecidas nas que o público asistente participou coas súas palmas.

Esta formación terá a partir de hoxe mesmo que se trasladan a Coles unha serie de actuacións fora da Limia . O próximo 5 e maio actuarán no auditorio de Verín.