Dende a Limia
05:41 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Concurso no Carlos Casares

| 29 de Noviembre de 2017 (21:46 h.)
Presidente ANPA
Presidente ANPA

A ANPA do CEIP Carlos Casares celebrou hoxe unha reunión ordinaria na que ademais dos asuntos de trámite ordinarios de funcionamento da asociación, puxeron en marcha  un concurso para escoller a portada e a contraportada da que será a axenda para o curso 2018/19 dos escolares do centro.

O concurso abriuse hoxe para os escolares deste centro e rematará no mes de decembro, cando nas celebracións de Nadal que organiza o centro e nas que colabora tamén a ANPA, se escolleran os traballos gañadores.