Domingo 24.03.2019
COMUNICADO respeito da visita do Sr. Conselleiro do MEDIO RURAL a Xinzo de Limia

O conselleiro de Medio Rural, faralle un oco aos membros de MEL para unha reunión

Xunto cos granxeiros terán que buscar solucións ao problema dos resíduos Agro-gandeiros

Onte  11 de xaneiro de 2019 sobre o medio día, membros do Movemento Ecoloxita da Limia  (MEL) aproveitaron a visita do Conselleiro do Medio Rural a Xinzo de Limia para entregarlle  un dossier de máis de trinta fotos onde se pode comprobar a desfeita ecolóxica que están provocando os xurros na zona e que son a causa das cianobacterias que intoxican o encoro de As Conchas que leva varios anos sufrindo unha eutrofia que impide incluso o baño.

O Sr. Conselleiro dixo que Medio Rural non tiña nada que ver con esta contaminación, pois correspondíalle a Confederación Hidrográfica Miño-Sil velar pola saude das augas.

 O Presidente do MEL, alí presente, contestoulle que nunha recente entrevista co Comisario de Augas da citada Confederación, lle dixeron que o control da boa xestión dos residuos agrogandeiros era competencia da Consellería do Medio Rural, que a Confederación pouco podía facer se a Conselleria  autorizaba (facendo a vista gorda) a instalación de novas explotacións ou ampliación das xa esistentes sen contar coas instalacions adecuadas  para depositar os residuos dos animais e que a citada Confederación  somente participaba na autorización dos vertido de augas residuais procedentes do cuarto de baño do granxeiro. 

foto1Asimesmo manifestou o Presidente do MEL que a xente estaba moi preocupada, porque a magnitude da carga gandeira que estaba soportando A Limia era totalmente desproporcionada. Deste xeito, contando os Concellos da chaira xunto cos Concellos de Os Blancos, de Baltar e de Calvos de Randín teriamos arredor de 400 explotacións que xeran máis de 1.000.000 de toneladas de residuos agrogandeiros e que en demasiadas ocasións non son utilizados como fertilizantes, senón que se converten en vertidos ilegais (parcelas de sacrificio, acumulamentos de gallinaza expostos o aire libre sin ninguna protección). Falouse tamén do esperpéntico caso da empresa ASER, que (subvencionada con cartos públicos)  se adica a transportar cos seus enormes camións cisterna os xurros dos porcos e que máis dunha vez os teñen pillado vertendo a cano libre en calquera recuncho escondido da comarca . Ao escoitar isto, rápidamente, o Sr Conselleiro solicitou probas que demostrasen que eses feitos se estaban producindo. O Presinte do MEL, aproveitou este requerimento para informar ao Sr Conselleiro de que o Seprona fixera varias denuncias e que na Fiscalia de Medio Ambiente de Ourense se estaba tramitanto Dilixencias de Investigación en base a varias denuncias interpostas por particulares.

Asimesmo lle dixo que o MEL, a Sociedade Galega de Historia Natural estiveron (a finais de novembro) reunidos con membros da Comision Europea, explicando toda esta problemática, aseverando estes que as fotos que se lles eran mostradas indicaban que o problema era moi grave e que tomarian unha resolución ao respeito.

Finalmente, o membro do MEL reprochou que a Consellería do Medio Rural nunca contestaba as solicitudes de información ambiental, e que tampouco  concedía as reunión que hai tempo o MEL leva pedindo, co obxectivo de falar da promulgación urxente do Decreto da Xestion de Residuos Agro-gandeiros, dado que o a orixe da contaminación que estamos a padecer é culpa e debido a inexistencia dun plan de xestión de Residuos (como existe noutras Autonomías), nin a obrigación por parte de granxeiros e agricultores de cumprir co imprescindible Código de Boas Prácticas Agricolas e Gandeiras, que en teoría é unha das exisencias á hora de aprobar as axudas da PAC.

 O Sr. Conselleiro comentou coa súa secretaria que efectivamente tiña que buscar un oco na sua axenda para ter esa reunión, e que terían  que tratar desta problemática tamén cos Granxeiros e coñecer o seu parecer.