domingo 22.09.2019

Constituída a Rede Provincial de Concellos Termais

Bande e Lobios concellos pertencentes a Limia
Constituída a Rede Provincial de Concellos Termais

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu hoxe no Pazo Provincial, a sesión constitutiva da Rede Provincial de Concellos Termais, “cumprindo anticipadamente co contemplado no Plan de mandato “Ourense 7273”, poñemos en marcha hoxe este órgano co obxectivo de manter un diálogo fluído e participativo cos municipios que forman parte desta provincia e que teñen singularidade termal, algúns deles inscritos na Sección de Vilas Termais da FEMP, sendo a provincia de España con maior número de concellos recoñecidos como vilas termais”, explicou Manuel Baltar.

Na reunión constitutiva participaron os alcaldes dos 15 municipios que integran a Rede (Arnoia, Bande, Boborás, Baños de Molgas, Cortegada, Cenlle, Castrelo de Miño, Carballiño, Leiro, Lobios, Monterrei, Muíños Ourense, Ribadavia e Verín), a deputada provincial de Termalismo, Ana Villarino; o redactor do Plan Termal Provincial, Mario Crecente; e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen expuxo as liñas básicas do Proxecto de Lei de Usos Lúdicos das Augas Termais.

Na xuntanza “falamos de cuestións que atinxen á xestión municipal, á promoción e á proxección da imaxe termal da provincia, como pode ser a celebración, os días 19 e 20 de setembro, de Termatalia. Ademais, hoxe, tivemos a oportunidade de escoitar ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria que nos falou do contido do Proxecto de Lei de Usos Lúdicos das Espazos Termais, que é o punto primeiro do Plan “Ourense a provincia termal” que vimos a desenvolver coa Xunta de Galicia”, dixo o presidente do goberno provincial.

A Rede é un órgano que permitirá que desde a Deputación de Ourense se manteña “un contacto directo cos concellos termais, no que se falarán de propostas nese ámbito, que servirá tamén de apoio aos concellos para temas como infraestruturas termais, difusión do turismo termal e, todo elo, con vistas ao 2020 no que se producirá a entrada da Alta Velocidade en Ourense”, salientou Baltar.

Este órgano, que hoxe constituímos, será tamén “o foro axeitado para escoitar o que pensan facer outras administracións en relación co termalismo como hoxe coa participación do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, quen nos falou desa regulación, pioneira en España e en Europa, e que responde a unha das demandas do termalismo ourensán, pois forma parte do Plan “Ourense a provincia termal”, afirmou o presidente da Deputación de Ourense, quen sinalou que esa condición de pioneira en Europa “pódese dicir sen problema, tendo en conta a miña condición de presidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais, e pode marcar un camiño a seguir por outros territorios termais de Europa onde Ourense leva o liderado”.
PolConstitución da Rede Provincial de Concellos Termais da provincia de Ourense. Asisten Manuel Baltar (Presidente Deputación), Francisco Conde (Conselleiro de Economía, Emprego e Industria), e os alcaldes das vilas termais.a súa parte, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria agradeceu á institución provincial a súa iniciativa para constituír esta Rede que permite “a colaboración institucional entre a Xunta de Galicia, a Deputación e os propios concellos termais de Ourense, e afianzar esa alianza para seguir traballando en defensa do termalismo e situar a Galicia e a Ourense como destino único, potenciando o turismo e as actividades lúdicas e terapéuticas que se desenvolven vinculadas ao termalismo”.
“Trátase, polo tanto, dunha oportunidade máis para continuar a crecer, para seguir xerando riqueza, fixando poboación no rural e promovendo o desenvolvemento económico e social de tódolos concellos que en Galicia e na provincia de Ourense desenvolven esta actividade termal”, dixo Francisco Conde. A lei presentada hoxe na reunión constitutiva desta Rede vai a permitir que se regule non só o uso terapéutico senón tamén o uso lúdico das augas termais. Este marco normativo permitirá que os cidadáns “teñan esa garantía de seguridade, de hixiene no emprego de tódolos servizos que se ofertan a través dos espazos termais e, polo tanto, estamos a reforzar a política termal, o termalismo, os balnearios e esta oferta de servizos que nos están a permitir que hoxe, en Galicia, nos visiten máis de 150.000 usuarios nos diferentes centros termais, e que haxa unha facturación de 60 millóns de euros ó ano”, engadiu Francisco Conde.

A posta en marcha desta Rede foi “saudada positivamente por tódolos membros porque permitirá: ter un contacto directo cos alcaldes e alcaldesas, coñecer a problemática termal e ser conscientes de que Ourense e o seu territorio teñen unha singularidade termal”, engadiu o presidente do goberno provincial.