Viernes 22.02.2019

Contratación dun camión baldeador

Foto arquivo
Foto arquivo

Como nos anos anteriores e durante estes meses de verán a concellería de Medio Ambiente contratará os servicios dunha empresa externa que porá a disposición un camión baldeador.

Este camión terá 30 actuacións programadas nas prazas e rúas de Xinzo,  incrementándose cando se prevee maior achega de xente a nosa vila. Nas festas de Sta. Mariña, da semana que ven, durante os días da Festa do Esquecemento e os principio e final de semana.

O custe deste servicio para as arcas do Concello será duns 18.000,00€