Dende a Limia
03:52 h. Jueves, 19 de Octubre de 2017

Curso intensivo de desfibriladores semiautomáticos externos en Xinzo

| 04 de Junio de 2017 (19:54 h.)

O vindeiro 1 de xullo, en horario intensivo –9:00 - 13:00 e 15:00 - 19:00 horas– terá lugar un "curso de manexo do desfibrilador semiautomático externo" con credencial oficial posterior.

Neste curso abordaranse contidos elementais e habilidades necesarias para poder facer fronte, dunha maneira efectiva e segura, ao manexo do aparello DESA ante situacións de emerxencia.

Para se inscribir e obter máis información é preciso achegarse á oficina da Cruz Vermella de Xinzo na Estación de Autobuses ou a través do teléfono 988 46 25 41.