Dende a Limia
03:17 h. Lunes, 10 de Diciembre de 2018

Cursos de alimentación equilibrada e saudable na Escola Rural de Saúde da Limia

| 21 de Mayo de 2018 (22:57 h.)

A Escola Rural de Saúde da Limia impartirá a partir do vindeiro mércores, 23 de maio, uns cursos e talleres de alimentación, impartidos na súa maioría por Elisa Cadaya González, da DUE Atención Hospitalaria. Os cursos serán todos de 17h a 20h da tarde.

mandianesA data de inicio como decimos é o mércores 23 de maio co curso de Alimentación, hábitos e evolución, impartído polo profesor Manuel Mandianes, antropólogo, sociólogo e membro do CSIC, ademáis de Pablo García Vivanco, farmacéutico e nutricionista. Esa mesma semana, o xoves 24 impartirase o curso do Aparato dixestivo e patoloxías e o venres 25 de maio, o curso de Alimentación, hábitos de vida e saúde/enfermidade.

A semana do 30 de maio impartiranse os cursos de Nutrición e alimentación ese mesmo día, e o día seguinte, xoves 31 de maio, o de Alimentación saúdable, técnicas culinarias e etiquetas. Na semana do luns 4 de xuño, impartiráse ese mesmo día o curso de Enfermidades Cardiovascualres, obesidade e alimentación, e o martes 5 o de Diabete e alimentación.

Finalmente, o luns 11 de xuño farase o ACCU. Ourense, sobre a enfermidade de Crohn e a colitis ulcersosa. O martes día 12 tamén se falara sobre Alimentación equilibriada, actividade física e tipos de deita e finalmente o venres 15 o curso sobre Alimentación na vellez e nos centros sociosanitarios.

As inscripcións faranse na Casa da Cultura de Xinzo, na primeira, aula 2, a través do teléfono 603784435 ou do correo electrónico escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es.