miércoles 23.10.2019

Dende a Limia, para España

Patatas AMA comezou hoxe a campaña 19/20 da venta de patacas con denominación ON-LINE

Dende a Limia, para España

No día de hoxe, patatas AMA a única firma da Limia que vende parte da súa produción por internet, con rexistro sanitario, e cos selos de control da IXP abriu a venda da tempada 19/20  con récord de peticións.

EN POUCO MÁIS DE 24 HORAS DO CAMPO A COCIÑA

1

Esta mesma mañá estas patacas estaban na leira, a media tarde, empaquetadas, esta noite ás 20:00 serán entregadas a empresa de transporte urxente que se compromete en que mañá sobre o mediodía os clientes poidan estalas a cociñar e degustar.

Os clientes, que xa son moitos, colapsaron a centraliña de pedidos telefónicos e cada vez que ía ao ordenador e abría a paxina había un pedido novo.

Solo no primeiro envío da tempada, comenta o seu xerente Amador Díaz,  foron máis de 700 Kg. en caixas de 20 e 10 Kg.

2Barcelona, Soria, Madrid, Segovia, Coruña, Sevilla son un dos lugares dos clientes que mañá antes do mediodía xa poderán degustar as patacas sementadas e colleitadas segundo as normas esixidas pola IXP Pataca de Galicia.
Para todos os clientes que queiran comprobar a calidade das patacas da Limia, solo teñen que achegarse a dirección   www.patatasama.com