Dende a Limia
04:33 h. Martes, 16 de Enero de 2018

A Deputación convocará 40 plazas de persoal, de acceso público

| 20 de Diciembre de 2017 (23:10 h.)

A Deputación de Ourense aprobou hoxe a súa Oferta de Emprego Público do ano 2017 cun total de 52 prazas, das cales 40 son de acceso público e 12 de promoción interna. Así o informou o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, trala reunión da Mesa de Negociación celebrada no Pazo Provincial. “Un mes despois de presentar a proposta da oferta de emprego público da institución e, tras varias Mesas de Negociación cos representantes sindicais, o comité de empresa e a xunta de persoal, pechouse o acordo con 52 prazas”, sinalou Jorge Pumar, engadindo que o obxectivo é “a redución da temporalidade, de forma que se dote de estabilidade ao persoal que se acolle ao proceso de consolidación”.

 

A Oferta de Emprego Público segue os criterios establecidos na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2017 e da Lei la de Emprego Público de Galicia. Está tamén condicionada pola normativa establecida no Estatuto Básico do Empregado Público e as determinacións normativas do Plan de Ordenación de Recursos Humanos da Deputación de Ourense para 2017.