lunes 26.08.2019

A Deputación de Ourense organiza a segunda edición do curso de especialización en técnicas de benestar

Esta acción formativa habilitará a 15 alumnos nas técnicas de Hidroterapia e Balneoterapia

María Dolores Fernández, Ana Villarino e Luis Seoane
María Dolores Fernández, Ana Villarino e Luis Seoane

.- A Deputación de Ourense organiza a segunda edición do curso de especialización en técnicas de benestar, co obxectivo de habilitar a 15 alumnos nas técnicas de Hidroterapia e Balneoterapia. A presentación desta acción formativa tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou a deputada provincial de Termalismo, Ana Villarino; o xerente de Lito Seoane, Luis Seoane; e a directora médica de Caldaria, María Dolores Fernández.

Esta acción formativa, organizada pola Deputación de Ourense e impartida por Lito Seoane Centro Studio e Caldaria Termal, será gratuíta. Con esta nova edición do curso María Dolores Fernández, Ana Villarino e Luis Seoane 2pretendemos “continuar a formar a alumnado para dar cobertura a unha necesidade que demanda o mercado actual e orientar dese modo a formación ao que se precisa”, explicou a deputada provincial de Termalismo, quen engadiu que se trata dun curso “con formación teórica, pero unha eminente práctica, para que o alumnado se enfronte ao que é o traballo diario”.
O curso está dirixido a estudantes con coñecementos de estética ou coidados persoais, a post-titulados en estética, en enfermería ou atención e coidados a persoas de terceira idade, e a profesionais do sector da estética e da masaxe que desexen adquirir ou ampliar os seus coñecementos en Técnicas Hidrotermais-Balneoterapia. A acción formativa divídese en 8 módulos, cunha duración aproximada de 120 horas, que se desenvolverán nas instalacións de Lito Seoane Centro Studio e nos balnearios de Caldaria. O curso impartirase do 23 de setembro ao 29 de novembro de 2019, mentres que as prácticas nos balnearios realizaranse do 4 ao 24 de novembro de 2019.
Luis Seoane explicou que o importante deste curso é que “o alumnado traballa desde o primeiro momento en casos reais”. Neste mesmo sentido, María Dolores Fernández engadiu que se trata de “incorporar ao alumno directamente co cliente a través dun equipo que xa ten experiencia. Isto é fundamental porque logo, cando se incorporan ao mundo laboral, xa teñen gañadas cuestións como a implicación e a atención profesional ao cliente”.
A formación será impartida por persoas especializadas no mundo da beleza, médicos, fisioterapeutas pero tamén do marketing e da comunicación porque o obxectivo tamén é cos alumnos teñan habilidades sociais para aplicar na atención que presten aos usuarios”, explicou o director de Lito Seoane.

Asemade, o xerente de Lito Seoane destacou o “éxito” que logrou a primeira edición deste curso con “18 participantes e cunha porcentaxe de inserción laboral do 35-40%”. Os interesados en participar poderán formalizar a súa inscrición a través da web destas tres entidades de xeito gratuíto.