Dende a Limia
11:58 h. Martes, 23 de Octubre de 2018

Desfile Infantil o próximo venres dia 9

| 06 de Febrero de 2018 (21:42 h.)

Dende as escolas infantís da Galiña, garderías privadas e casas Nido, pasando polos alumnos e alumnas da Limia dos centros de Infantil e Primaria e terminando polos que cursan os seus estudos nos IES de Xinzo, estarán nas rúas de Xinzo participando no desfile infantil que ano tras ano está a coller mais pulo, dentro das celebracións do Entroido da vila.

Loxicamente tamén estran acompañados de país, nais, tíos tías, e avós, que farán que o número de participantes sexa aínda bastante superior aos 2000.

Despois de percorrer a Avd/ de Ourense e a de Madrid, haberá un fin de festa, que este ano toca no CEIP. Carlos Casares.

Seis charangas acompañarán a todos os participantes no desfile que solo espera que o tempo axude para que o colorido e a participación o fagan como un desfile  de referencia na provincia.