Dende a Limia
22:01 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

Despedida das carreiras no hipódromo de Antela

| 09 de Octubre de 2018 (19:25 h.)

O día 12 de outubro dispútanse as carreiras clásicas de fin de tempada (Galope) no Hipódromo de Antela. Ás 12 horas dispútase a primeira carreira (1200 m) reservada a cabalos Árabes .Na que a priori parten como favoritos AB BANTARI, REJON CID E REVOLTOSA. Ás 12:40 h darase a saída ao GRAN PREMIO DE GALICIA (1800 m) reservado a Puro Sangue Ingleses cun prognóstico moi complicado pois tanto NEW FOL como LEFFARD, CRAUS, MIHANIE E BARBE A BOX atópanse en bo momento de forma á vista dos seus últimos resultados, pero non podemos descartar a GRANXA e PARAISO CANARIAS. As 13:40 h marcasen a hora de saída da proba con maior dotación do día o Gran Premio de Galicia de Trote Enganchado, con 6 participantes en liza destaca como favorito o Trotón Francés RAMSEY DU HAM que leva gañados 617,000 €,que contase sen dúbida coa presión de QUARASS ROSE e ROC DE COSSIO. Como xa é ahbitual entre os asistentes sorteásense vales de comida para o Restaurante do Area de Servico de Antela.