Dende a Limia
18:25 h. Jueves, 18 de Octubre de 2018

DÍAZ MOUTEIRA SUBLIÑA A IMPORTANCIA DA COMBINACIÓN DE ENOGASTRONOMÍA E TURISMO RURAL PARA ATRAER VISITANTES DURANTE O OUTONO

| 05 de Octubre de 2018 (18:39 h.)
.Visita Outono Gastronómico Baltar
.Visita Outono Gastronómico Baltar

Coa intención dinamizar o turismo no eido rural e favorecer a desestacionalización a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, vén de promover un ano máis o programa Outono Gastronómico en Turismo Rural.  

19 establecementos da provincia de Ourense, dos 86 que participan en toda Galicia, forman parte desta  iniciativa que se prolonga ata o 16 de decembro e que promove a nosa singular gastronomía en combinación coas agradables estadías nas casas de turismo rural da nosa comunidade con modalidades e prezos moi atractivos.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do seu  equipo, visitou a Casa A Rousía no concello de Baltar e comprobou os menús que este establecemento ofrece aos que decidan gozar dalgunhas das ofertas do Outono Gastronómico en Turismo Rural.

Díaz Mouteira subliñou a importancia da combinación de experiencias enogastronómicas coa estancia en casas rurais galegas para atraer visitantes ás contornas rurais galegas tamén fóra de tempada alta. Neste sentido, referiuse ao éxito acadado por esta iniciativa que ao longo de 11 edicións suma preto de 60.000 participantes e que se está a consolidar como un referente da época turística outonal.

Os establecementos participantes ofrecen dous menús coidados e baseados na calidade dos produtos galegos, deseñados especificamente para este programa, ademais de propoñer diversas posibilidades de aloxamento, co fin de adaptarse aos gustos e ás necesidades dos diferentes tipos de viaxeiros. Os prezos oscilan entre os 30 e os 300 euros.

Os interesados nesta iniciativa poden atopar completa información nas guías promocionais dispoñibles Díaz Mouteira destacou que, como en edicións anteriores, hai guías divulgativas á disposición do público, que poderán atoparse nos establecementos participantes e en edificios públicos, entre eles as oficinas de turismo. A información relativa a este programa está ademais dispoñible en internet, tanto na páxina web www.turismo.gal.  como na páxina www.outonogastronomico2018.com .