Dende a Limia
02:13 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

A directiva da asociación de produtores de pataca desprazarase a Santiago

| 28 de Noviembre de 2017 (22:12 h.)

A xunta directiva da asociación de produtores de pataca da Limia trasladaranse a Santiago mañá xoves para entrevistarse coa Directora Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Alimentarias.

Esta reunión foi solicitada pola recente formada asociación para transmitir a directora xeral unha serie de cuestións que, segundo a asociación, necesitan acometer a curto prazo, así como analizar entre outras cuestións o tema do regadío  e o da recente epitrix.

Acompañará a os membros da directiva o concelleiro de Xinzo e membro do Parlamento de Galicia, Carlos Gomez.

REPERCUSIÓNS DO DECRETO DE CORENTENA

Amador Díaz Penín 2Seguro que un dos temas a tratar será o recente decreto de corentena para sete parcelas da Limia, na que segundo a Consellería apareceron algún exemplares de epitrix e que fan que as patacas desas parcelas teñan que ser cepilladas para a súa venda.

Amador Díaz, comenta ao respecto, que este tema en principio non debería  ser moi preocupante para a comercialización desas patacas. Segundo manifestou a dendealimia, os almacenistas este ano, non están poñendo ningún problema a compra deses exemplares. Recorda que ese é un tema simplemente estético. Nada ten que ver coa sanidade do tubérculo.