Dende a Limia
23:12 h. Domingo, 24 de Septiembre de 2017

A DXT desenvolverá esta semana unha campaña especial para controlar que os vehículos circulen en boas condicións

| 17 de Julio de 2017 (20:42 h.)

O adecuado mantemento dos elementos de seguridade resulta decisivo fronte á sinistralidade viaria

A Coruña, 14 de xullo de 2017.- A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) poñerá en marcha desde o vindeiro luns día 17 unha campaña especial de vixilancia das condicións nas que circulan os vehículos. O obxectivo é garantir que o estado dos mesmos cumpre cos requisitos establecidos pola lexislación vixente. Durante unha semana, ata o domingo día 23, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán estes controis nas estradas galegas e, do mesmo xeito que noutras campañas, convidouse aos concellos para sumarse a este dispositivo no que, aínda prestando atención a todo tipo de infraccións, poñerase especial énfase en comprobar as condicións técnicas dos vehículos.

 

A campaña contará co máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles e, sempre que sexa posible, advertirase aos condutores da existencia próxima de controis.

 

PARQUE ENVELLECIDO

A DXT advirte sobre a tendencia que se mantén nos últimos anos a un progresivo envellecemento do parque de vehículos (no caso dos rexistrados actualmente en Galicia, a súa idade media rolda os 15 anos), pois se evidenciou que a antigüidade do vehículo supón un factor de risco ao carecer dos sistemas e equipamentos de seguridade implantados máis recentemente, ademais dos problemas derivados do seu uso prolongado. De feito, ao realizar unha comparativa no conxunto de España entre os accidentes ocorridos con vehículos de 10 a 15 anos de antigüidade e os de menos de 5 anos, apréciase que o risco de falecer ou resultar grave duplícase no primeiro caso.

ELEMENTOS A REVISAR

304Un adecuado mantemento e posta a piques dos principais elementos de seguridade do vehículo (pneumáticos, freos, iluminación e sinalización) resulta por tanto imprescindible para combater a sinistralidade. Investir no mantemento do vehículo é investir en seguridade. Por iso, a DXT lembra unha serie de pautas para manter o adecuado estado dos vehículos:

-Pneumáticos. É imprescindible comprobar regularmente a profundidade do debuxo. O límite legal é de 1,6 milímetros, pero o recomendable é que a profundidade da rañura teña un mínimo de 3.

-Iluminación e sinalización. Tan importante é ver como ser visto. As lámpadas van reducindo a súa intensidade co uso, polo que deben cambiarse cada 2 anos ou cada 40.000 km. Ademais, hai que manter sempre limpas as ópticas.

-Placas de matrícula. Deben ser perfectamente lexibles e non estar deterioradas.

-Documentación do vehículo. Ademais do preceptivo permiso de conducir, deberase levar obrigatoriamente o de circulación do vehículo (ou unha autorización da Xefatura de Tráfico na súa ausencia) e o cartón da ITV co adhesivo correspondente visible na lúa dianteira.

CAMPAÑA ANTERIOR EN GALICIA

Na campaña de vixilancia das condicións de vehículos desenvolvida entre o 11 e o 17 de xullo do ano pasado en Galicia, controláronse 18.642 vehículos, resultando denunciados 516. A infracción que máis denuncias motivou (185 denuncias, case un 34% do total) estivo relacionada coa ITV.

 

Controlados

Denuncias formuladas

A Coruña

3.734

187

Lugo

4.067

77

Ourense

6.848

70

Pontevedra

3.993

182

Total

18.642

516

Tipo de vehículo

Controlados

Denunciados

Motos

888

25

Turismos

13.859

249

Furgonetas

2.011

93

Camiones

1.202

125

Autobuses

182

3

Otros vehículos

500

21