Dende a Limia
12:03 h. Miércoles, 23 de Agosto de 2017

A DXT poñerá mañá en marcha unha campaña especial de vixilancia de consumo de alcol e drogas entre os condutores

| 10 de Agosto de 2017 (13:55 h.)

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) poñerá en marcha desde mañá  venres, día 11, unha campaña especial de control da taxa de alcoholemia e de consumo de drogas entre os condutores.

Durante cinco días, ata o martes día 15 incluído, axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis deste tipo nas vías galegas. Tamén se potenciará a colaboración cos concellos para efectuar controis en zonas urbanas, con especial incidencia nas zonas de lecer nocturno.

A Delegación do Goberno lembra que o alcol é un factor concorrente ou determinante nun terzo dos accidentes mortais de circulación. A súa presenza na condución, dependendo da súa taxa, multiplica entre 2 e 15 veces o risco de sufrir un accidente, ademais de ser un factor vinculado cun peor prognóstico nas lesións sufridas.

As análises toxicolóxicas realizadas a condutores falecidos en 2015 en accidentes de tráfico deron positivo en alcol, drogas e psicofármacos nun 43,10% dos casos, unha porcentaxe que sobe ata o 46,37% no caso de peóns falecidos pola mesma causa. E é que o peón, como usuario máis débil da vía, necesita tamén estar en pleno uso das súas facultades físicas e mentais para non correr riscos.

RESULTADO DA CAMPAÑA ANTERIOR

370Na campaña destas características desenvolvida nas estradas galegas entre o 12 e o 14 de agosto do ano pasado realizáronse 8.151 controis de alcoholemia e 94 de drogas. Concluíron, respectivamente, con 154 e 48 denuncias.

CAMBIO DE HÁBITOS

A DXT detectou un cambio no comportamento dos condutores que supuxo un descenso significativo dos positivos detectados en controis preventivos de alcoholemia realizados nas estradas españolas no último decenio, pasándose dunha 5,1% inicial a un 1,6% na actualidade. En todo caso, esta evolución non significa que se eliminou o risco. O obxectivo, tanto desta campaña especial como dos controis ordinarios, é proseguir nesta liña descendente. A única taxa segura, lémbrase, é o 0,0%.