Dende a Limia
03:16 h. Lunes, 10 de Diciembre de 2018

ENCONTROS CON MIGRANTES RETORNADOS DE ALEMAÑA EN XINZO E CELANOVA

| 19 de Julio de 2018 (12:39 h.)

O Secretario Provincial de Emigración, Luís Gulín, realizou uns encontros informativos cos emigrantes retornados de Alemaña en Xinzo de Limia e Celanova, nestes encontros estivo acompañado en Xinzo por Elvira Lama, deputada provincial e portavoz socialista en Xinzo de Limia.

Ao redor de 40 persoas asistiron ás reunións onde o secretario provincial de Emigración informou das novidades tributarias cara o 2018 no sistema español, o novo imposto do 5 por cento que aplica Alemaña ás pensións que se cobran por primeira vez desde xaneiro de 2015 e os casos, circunstancias e trámites a realizar ante as autoridades do país xermano para solicitar as prestacións económicas de axuda á dependencia. O cambio que se dará será que o 5 pasa a un 10 por cento a partir do ano 2030, para as pensións que se cobren por primeira vez do país xermano. Esta retención é dun pago anual que hai que transferir á Axencia Tributaria de Neubrandenburg, competente para fiscalizar todas as transferencias de pensións ao exterior.

Nos encontros cos emigrantes retornados este colectivo demandou ao secretario provincial de Emigración a derrogación da figura tributaria dos dous pagadores que prexudica non só ao colectivo dos retornados senón tamén ás clases mais desfavorecidas da sociedade que teñen que subsistir con traballos temporais e múltiples contratos, sendo penalizados inxustamente co pago de IRPF en comparación cos que teñen un só pagador. A Secretaría Provincial de Emigración comprometeuse en trasladar esta demanda aos parlamentarios provinciais das Cortes