Dende a Limia
05:53 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

A Escola Rural de Saúde da Limia ofrecerá unhos cursos-talleres sobre dependencia, discapacidade e incapacidade

| 15 de Abril de 2018 (20:39 h.)

Os cursos-talleres comezarán maña día 16 de abril, co curso sobre discapacidade que será impartido entre as 17-20horas e atenderán a cuestións sobre a Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

Así, dende o 16 de abril ata o 7 de maio sucederanse distintos cursos que atenden a factores coma: A Lei de promoción da autonomñia persoal e atención as persoas en situación de dependencia (18 e 23 de abril), a Incapacitación; procedementos e inhabilitación a efectos legais (25 de abril), Procedementos sanitarios (2 de maio), Atención na fase final do enfermo (4 de maio) e finalmente o Duelo (7 de maio). Todos os cursos-talleres son de 17h a 20h da tarde.

 

As inscripcións están abertas na Casa da Cultura de Xinzo de Limia (1º planta, aula 2) no teléfono 603784435 ou no correo escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es 

O Horario da asociación é de Luns a Venres de 10 a 12 horas.