domingo 22.09.2019

O esquecemento segue a cumprir o seu programa

Moita xente en todos os actos e desfiles

Minervas
Minervas

Este sábado a festa do ESQUECEMENTO continuou  o seu programa que foi seguido por centos de persoas en todas as actividades programadas, desfiles, xincanas e as bodas dentro do campamento.

IMG_20190824_221045

CADA ANO O CAMPAMENTO ESTÁ MÁIS BONITO E TRABALLADO

O grupo de romanas, MINERVA, é unha firme candidata a levar o premio a mellor caseta, neste caso de romanas. Tan solo catro mozas construíron unha das casetas mellor valoradas do campamento.

Todos os visitantes manifestan que as casetas dos Castrexos cada vez están mais bonitas e traballadas. Ano a ano o campamento está a ser máis bonito.

A ZONA DE XOGOS POPULARES SEMPRE CON COLAS

Unha das zonas que sempre ten colas e a da praza S.Roque onde se atopan os xogos populares "non cibernéticos" nos que porriba de todos triunfa tanto a noria como o tiovivo alimentados con enerxía humana, totalmente ecolóxica e reciclada.Instantánea - 412

POSTO PERMANENTE DA CRUZ VERMELLA

Outra das novidades desta edición, como se comentou na presentación, é o da Cruz Vermella que se atopa a entrada do campamento. As persoas que o atenden, de Verín e Ourense, xa son vellos coñecidos, porque son os mesmos que nos acompañan tamén no entroido. Ata este momento as súas intervencións seguen afortunadamente  a cero.

IMG_20190824_221523_1IMG_20190824_220015IMG_20190824_220223IMG_20190824_220328IMG_20190824_220425IMG_20190824_220634IMG_20190824_221045IMG_20190824_221651IMG_20190824_185828IMG_20190824_214631IMG_20190824_214758IMG_20190824_214839IMG_20190824_215023IMG_20190824_215244IMG_20190824_215348IMG_20190824_215518_1IMG_20190824_215552IMG_20190824_215647IMG_20190824_215829IMG_20190824_215938