lunes 26.08.2019

Esquecemento á volta da esquina

Hay máis colaboración e participación que en anos anteriores
12003909_885561428199001_3341915590393538731_n
12003909_885561428199001_3341915590393538731_n

A piques de comezar o Esquecemento 2019 a organización do evento ultima os detalles dunha celebración que xa conta con 15.000 euros pertencentes á deputación provincial e 1.500 da secretaría xeral de cultura. Ademais disto, hai que sumarlle outros 6.000 que o concello dará para a festa e unha recadación polos bares de Xinzo que pode chegar, tamén, aos 6.000 euros. Un dos portavoces da Asociación Cultural Civitas Limicorum sinala que, ''hai xente que está colaborando máis do normal con respecto a outros anos''. 

67490431_2416326875122441_5942485487678652416_n

En canto ao número de socios as cifras ascenderon con respecto as do ano pasado, pasando de 400 persoas a 505. Pero non só aumenta o número socios, senón tamén a recreación e a decoración que empezará a ser montada o día 14 para que o xoves 22 estea todo rematado para dar comezo á festa.  

Coa convocatoria xa pechada o tradicional mercado contará con 40 postos que ofrecerán única e exclusivamente produtos artesanais, polo que xa non haberá revenda.

A seguridade xa está informada dos itinerarios e este ano contarase coa presencia da Cruz Vermella nos días que dure o Esquecemento.