Sábado 23.02.2019

O Presidente Feijóo podería asistir ao desfile infantil o próximo venres

Foto arquivo
Foto arquivo

Antonio Pérez, na visita que tivo este luns a Xunta para presentarlle ao Presidente Feijóo  un abanico de proxectos que Xinzo necesita, tamén aproveitou a ocasión para invítalo ao  noso Entroido.

O alcalde manifestoulle que esperaba  pódelo recibir o venres no desfile infantil no que van a participar mais de 2000 rapaces e rapazas de todos os centros escolares da vila, así como a maioría dos da comarca da Limia.  De non poder ser ese día por motivos de axenda estaría confirmada a visita o luns de entroido.

Comentarios