Dende a Limia
16:32 h. Lunes, 22 de Octubre de 2018

A festa do Esquecemento, a Fundación Carlos Casares e o Concello de Vilar de Santos beneficiarios das axudas da Deputación para 2018

| 05 de Mayo de 2018 (10:50 h.)

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá un total de 148.000 euros en axudas para asociacións e concellos da provincia para temas de Cultura, Medio Ambiente e Deporte. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 4 de maio de 2018.

No apartado de Cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda para o Concello de Xinzo de Limia de 15.000 euros para a celebración da Festa do Esquecemento 2018. Ademais, aprobouse a modificación do Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2018 no relativo ao Concello de Vilar de Santos, pola que se incorpora ao plan principal a obra “mellora de urbanización en Vilar de Santos, Casas da Veiga, Laioso e Castelaus”, en substitución da obra “mellora da iluminación pública en Parada, Outeiro, O Mosqueiro e A Ponte”, cun orzamento total de 48.000 euros.

En materia de Cultura, aprobouse unha axuda para a Fundación Carlos Casares por importe de 50.000 euros para os gastos de funcionamento da entidade correspondentes ao ano 2018. Ademais, aprobouse o peche da convocatoria do concurso para a concesión de axudas para o fomento de actividades escénicas e musicais para o ano 2018.

No apartado deportivo, aprobouse a resolución da convocatoria do concurso público para a concesión de axudas para gastos de funcionamento das federacións ou agrupacións de asociacións veciñais de Ourense, correspondente ao exercicio 2018, polo que a Deputación de Ourense concede un total de 50.000 euros en axudas a catro entidades.