Dende a Limia
13:58 h. Jueves, 18 de Octubre de 2018

AS FESTAS PATRONAIS DE XINZO FORON PENOSAS

| 24 de Julio de 2018 (18:55 h.)
Foto arquivo
Foto arquivo

Unha vez máis o Concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, presume do que non é. Dicir que estas foron unhas grandes festas é un insulto a intelixencia e a paciencia da cidadanía.

Estas foron as peores festas que se recorden, con excepción das do ano 2015.

 Temos que dicir que o traballo da comisión de festas foi moi escaso. Por certo, unha comisión que non representa a pluralidade social de Xinzo xa que nela tan só figuraban persoas afíns ao Partido Popular e mesmo dirixentes desta formación política.

Estes membros da comisión encargados de repartir os carteis e programas de festas tan só os deixaron nuns poucos locais. A maior parte dos establecementos e negocios non foron visitados polo que tampouco se lle pediu colaboración para os festexos.

En canto o programa era descoñecido pola maioría das veciñas e veciños de Xinzo xa que, como dixemos anteriormente, tan só se deixaron en establecementos, e en poucos, segundo criterios da comisión.

Moitas das actuacións que se fixeron xa lle viñan dadas por outras Administracións. Outras as fan os colectivos musicais de xeito recorrente tal e como aconteceu cos actos do venres a cargo da Agrupación Musical da Limia e o IV festival internacional de gaitas “Vila de Xinzo” que organiza a Escola Municipal de Gaitas e Percusión e que se celebrou o sábado.

Por certo, en ámbolos dous casos o fixeron espectacularmente ben.

En canto as orquestras actuaron pola semana (como si todas e todos estiveramos de vacacións e o día seguinte non se tivera que traballar) e o domingo no que tamén se anunciou que había verbena pero a realidade foi que non se fixo tal. A festa rematou a iso das 00,00 horas.

Nembargante un dos días que podería axudar a traer a xente para Xinzo como é o sábado non se tivo orquestra algunha. Si se tivo unha charanga que animou o barrio vello e a praza maior. Por certo as súas paradas antes as portas dos establecementos foi moi selectiva.

Tamén temos que indicar que ante a falla de dilixencia polo Grupo de Goberno suspendeuse o Torneo de Tenis que se celebra por etas mesmas datas todos os anos o non ter o espazo (piscinas exteriores) adecuado para a celebración deste torneo a pesar de que lle foi requirido en varias ocasións que o adecentaran por parte da Comisión Organizadora do evento.

En definitiva unhas festas que, entre outros obxetivos, debería servir de revulsivo a paupérrima situación económica na que se atopa Xinzo non foi acadado. Houbo menos xente ca nunca e, en consecuencia, o consumo foi moi inferior a outros anos.