viernes 20.09.2019

As Festas de Santa Mariña xa teñen programación

Xinzo de Limia presenta o seu programa oficial para as festas patroais

As Festas de Santa Mariña xa teñen programación

As Festas de Santa Mariña ofrecerán un amplo abanico de actuacións que terán lugar dende o mércores 17 ata o domingo 21 de xullo e que arrancarán coa actuación da Orquesta Tango, na Alameda do Toural.

O xoves 18, o día grande de Santa Mariña, a programación comezará ás 11:30 cos Gaiteiros de Laroá e co desfile de Xigantes e Cabezudos nas rúas e na Praza Maior e ás 12:00 tomará o relevo a procesión na honra da Patroa Santa Mariña acompañada pola Banda de Gaitas de Xinzo e a Agrupación Musical da Limia que irá dende a Igrexa Vella ata a Igrexa Nova, onde terá lugar a Santa Misa ás 12:30 cantada pola Coral Santa Mariña- Esmuli. A xornada da tarde contará cun torneo de Chave e un espectáculo infantil de maxia e rematará coa actuación da Orquesta Nebraska ás 20:30.

                               Un dos pratos fortes do venres 19 será o concerto da formación de pop rock Habitación Vudú ás 23:30 na Praza de Carlos Casares.
A mañá do sábado 20 comezará co grupo Festival Internacional de Gaitas e continuará ás 19:30 no adro da Igrexa Vella da man de bandas de música infantis da Limia e Bembrive. Xa noite, levarase a cabo o V Festival Internacional de Gaitas con bandas procedentes de Asturias, Catalunya, Ourense e Xinzo e a madrugada estará amenizada pola Charanga Achicoria no Barrio de Abaixo e na Praza Maior.
O último día voltan á festa os Gaiteiros de Laroá e o desfile de Xigantes e Cabezudos. Finalmente, ás 20:30, a  Orquesta Nazaret  porá fin á Santa Mariña deste ano.
A organización do evento espera unha ampla participación e acollida por parte da Limia, así como a chegada de novos visitantes.

PROGRMA COMPLETO