Dende a Limia
00:31 h. Sábado, 18 de Agosto de 2018

O Festival Fax, unha aposta por Xinzo

| 23 de Julio de 2018 (19:10 h.)

O festival actuará como catalizador de promoción turística, utilizando a música como escusa para atraer a un público que poderá desfrutar de Xinzo e a súa comarca.

A apertura de portas será o propio 28 de xullo, as 20h e o lugar será a Alameda do Toural. A entrada costará dez euros, e pódense adquirir online en ataquilla.com e en físico na asociación LIMISI. Os primeiros en deleitarnos ca súa música serán Os da Lagoa e o Coro Aimil Folk nunha foliada que continuará con tres formacións que farán desfrutar sen dúbida a todos. Los Coronas, que acaban de participar no festival Porta Mérica deleitarannos co seu rock instrumental, sendo o principal referente de surf music instrumental no noso país.

Outros dos participantes serán Chotokoeu, coruñeses que están a piques de cumplir dez anos actuando matendo a súa esencia, e traerannos balkan, rock, drum and bass, swing… mezclando ritmos tradicionais árabes, africanos, galegos e flamencos.

O último grupo é Guezos, que presentou o seu último traballo discográfico “Zapatos Novos”, no que mesturan folk, rock, moita participación do público e moita enerxía nun ambiente que de seguro será máxico.