Dende a Limia
01:41 h. Miércoles, 20 de Junio de 2018

UN FESTIVAL A RITMO DE GAITAS E PERCUSIÓN

| 12 de Junio de 2018 (20:57 h.)

Este xoves 14 de xuño terá lugar as 20:00h o Festival de Fin de Curso 2017-2018 da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Limia. O lugar do evento será o local da escola, na Rúa Lepanto 3. Participara moito do alumnado que este ano estivo aprendendo na escola, de tal maneira que poderemos atoparnos con nenos e nenas de oito anos así como cos veteranos de sesenta.

En pequenos grupos de diferentes niveis tocarán os instrumentos que aprenden a tocar: pandeiretas, caixón flamenco, gaitas... Espérase a participación duns 80-90 estudantes e a entrada é totalmente libre.