Dende a Limia
05:09 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

O filme Domicilio conxugal, de François Truffaut, protagonista hoxe do ciclo Nouvelle Vague do FIC Vía XIV

| 07 de Diciembre de 2017 (22:59 h.)

O Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC) Vía XIV acolle hoxe a cuarta xornada da retrospectiva Nouvelle Vague. Un ciclo que pretende realizar unha aproximación a algúns dos directores que marcaron esta corrente, mostrando títulos de distintas etapas e con temáticas e estilos moi heteroxéneos.

Os críticos de cinema  Nicolas  Azalbert e Víctor Paz presentarán esta noite, ás 22.15 horas, no Auditorio, Domicilio conxugal (Domicile  conjugal. 1970. 100'), de  François  Truffaut. Un filme que é o cuarto da serie –dun total de cinco- con Antoine Doinel, personaxe de ficción que interpretou por primeira vez de neno Jean-Pierre  Léaud en Os 400 golpes (1959).

En Domicilio conxugal, Doinel e a súa muller Christine esperan un fillo. O primeiro decide cambiar de traballo para buscar un emprego mellor. Na nova empresa coñecerá a outra muller coa que iniciará un romance.

Penúltima xornada das proxeccións do concurso

Pola tarde inauguraranse as proxeccións incluídas na categoría denominada A Raia. Esta acolle curtametraxes de cineastas de Galicia e Portugal. En total, dentro desta categoría, exhibiranse 17 obras ao longo da xornada de hoxe. Nove delas poderanse ver no Auditorio. 

A primeria sesión celebrarase ás 17,00 horas e incluirá as seguintes curtas: A rapa das bestas, de Jaione Camborda (España. 2017. 10´); Lemons, de Srinivas Reddy (Portugal. 2017. 15´); Europa, de Hugo Amoedo (España. 2017. 30´); Nyo Vweta Nafta, de Ico Costa (Portugal, Mozambique 2017.22´); e Fajr, de Lois Patiño (España. 2016. 13´).

Ás 20,30 horas proxectaranse Agua Mole, de Alexandra Ramires e Laura Gonçalves (Portugal. 2017. 9´); Matria, de Álvaro Gago (España. 2017. 30´); Flores, de Jorge Jácome (Portugal. 2017. 26´); e Plus Ultra, de Samuel M. Delgado e Helena Girón (España. 2017. 15´).

Na Casa da Cultura proxectaranse as 8 obras restantes incluídas nesta categoría. A primeira sesión será ás 18,45 horas, e os que se acheguen ata alí poderán visionar: Buenos días España, de María Barceló, Irati Cano, Sara Pisos e Carlos Reyes (España. 2017.30´); Os humores artificias, de Gabriel Abrantes (Portugal. 2016. 29´); Coelho Mau, de Carlos Conceição (Portugal. 2017. 33´).

Posteriormente, ás 20,30 horas, será a quenda de Después de la bandera, de Carlos Martínez-Peñalver Mas (España. 2017 / 7´); Cidade pequeña, de Diogo Costa Amarante (Portugal. 2016. 20´); Farpoes Baldios (Barbs, Wastelands), de Marta Mateus (Portugal. 2017. 25´); Quiasma, de Tono Mejuto (España. 2017.12´); e Coup de Grace, de Salomé Lamas (Portugal. 2017 / 25´).

Doutra banda, ás 18,45 horas no Auditorio, proxectaranse 7 curtametraxes incluídas en Outra Mirada, a categoría dedicada ao Entroido. Así, poderanse visionar, The Burdenm de Niki Lindroth von Bahr (Suecia. 2017. 13´); Green Screen Gringo, de Douwe Dijkstra (Holanda, Brasil. 2016. 16´); Pla y Cancela, de Elena Duque (España. 2017. 2´); Identity Parade, de Gerard Freixs (España. 2017.  4´); Lira´s Forest, de Connor Jesup (Canadá. 2017. 9´); Galatea al infinito, de Julia Maura, Mariangela Pluchino, Maria Chatzi, Ambra Reijnen, Fátima Flores Rojas e Julien Mérienne (España. 2017. 16´); e Fragment Wall, de Jacques Perconte (Francia. 2017. 6´).