Dende a Limia
11:02 h. Viernes, 25 de Mayo de 2018

Fugados dun control detidos en Xinzo

| 13 de Mayo de 2018 (15:00 h.)

As 8:20h de hoxe a Garda Civil de tráfico tiña montado un dispositivo de verificación de alcoholemia na Nacional 525, no kilómetro 230 no Polígono Barreiros cando deron o alto a un vehículo con matricula portuguesa que ignorou a orde dos axentes e deuse a fuga.

252Todas as patrullas disponibles da Garda Civil foron avisadas e os fuxidos foron interceptados no kilómetro 203 da mesma Nacional, a entrada de Xinzo de Limia tras embestir a un vehículo das patrullas de Xinzo de Limia. Tras isto, procedeuse a detención dos ocupantes do vehículo, M.B de 25 anos que era o conductor e G.C de 23 anos como presuntos autores dos delitos de desobediencia, atentado contra axentes da autoridade e ademáis de delitos contra a seguridade vial por o resultado positivo na proba de drogas e conducción temeraria.

Durante a fuga, circularon por o casco urbano de Allariz en dirección prohibida e, como xa adiantamos, no control de drogas o conductor deu positivo en cocaína e opiáceos ademáis de que dentro do vehículo levaban unha machada e un coitelo de grandes dimensións. Ambos os dous ocupantes teñen antecedentes en España e Portugal.

Actualmente están detidos no cuartel de Xinzo e pasan a disposición xudicial maña, luns día 14 a partir das 9:30h, no Xuzgado de Instrucción de Xinzo de Limia.