Dende a Limia
14:06 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

A GARDA CIVIL ESCLARECE DOUS ACCIDENTES CON FUGA NA PROVINCIA DE OURENSE

| 14 de Noviembre de 2017 (19:42 h.)

O equipo GIAT “Grupo de Investigación e Análise de Tráfico” pertencente ao Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense,  localizou, tras varias semanas de investigación, aos condutores responsables de dous accidentes de tráfico que, tras causar danos a outros vehículos, déronse á fuga.

No primeiro dos casos, ocorrido o día 21 de outubro, a condutora chocou contra outro vehículo que se achaba estacionado na localidade da Derrasa, ausentándose sen deixar notificación nin apunta algunha para facerse cargo do accidente. O seu vehículo foi localizado en días posteriores nun taller de chapa e pintura cando se dispoñían a reparalo. A condutora manifestou que non se deu conta de chocar con ninguén, aínda que, grazas á investigación realizada e a diversos indicios e testemuños, puideron esclarecerse os feitos.

Doutra banda, o día 09 de novembro un vehículo nunha manobra irregular de adiantamento, chocou lateralmente con outro, ocasionándolle danos en diferentes partes. O condutor fixo caso omiso e non se detivo, dándose á fuga, sendo localizado tamén en días posteriores e, tras facer un informe fotográfico de danos en ambos os vehículos e examinar a coincidencia dos danos producidos, demostrouse ao seu condutor a implicación no accidente, o cal acabou recoñecendo os feitos.

Cabe destacar que ultimamente vén detectando por este grupo de investigación, o aumento deste tipo de actitudes nos accidentes de tráfico, ocasionando un prexuízo grave, tanto aos titulares dos vehículos danados como ás correspondentes compañías de seguros sendo fundamental a colaboración das testemuñas, así como de calquera resto que se poida quedar no lugar do sinistro.