Dende a Limia
18:01 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

A Garda Civil solicita colaboración cidadá para esclarecer a autoría dos lumes

O. Ferreiro | 18 de Octubre de 2017 (22:40 h.)

A Garda Civil da zona da Limia solicita a colaboración cidadá para axudar a esclarecer a autoría dos lumes que arrasaron parte do país nos últimos días.

Garantese total confidencialidade.

Calquera dato que poida aportar a cidadanía podería converterse en parte vital da investigación, polo que se anima aos cidadáns a poñerse en contacto a través do teléfono 061 ou o correo electrónico seprona@gardacivil.org. Tamén poden empregarse os perfís da Garda Civil nas redes sociais.

Por outra banda tamén se quere enviar unha mensaxe de tranquilidade á hora de aportar información, polo que o instituto armado garante total confidencialidade.