Dende a Limia
03:49 h. Miércoles, 20 de Junio de 2018

O GDR-10 LIMIA-ARNOIA presentou as contas do 2017

| 24 de Mayo de 2018 (21:40 h.)

Na consistorial de Xinzo celebrouse a asemblea xeral do Grupo de desenrolo local LIMIA-ARNOIA GDR-10 este xoves as 20:00 a cal asistiron algún dos membros da asemblea entre os que se atopaban os alcaldes de Celanova; Allariz; Vilar de Santos; Blancos; Baltar  o de Xinzo como anfitrión e o de Sarreaus que é o Presidente  do grupo.

Despois da aprobación da acta da sesión anterior presentáronse as contas da anualidade de 2017 que tiveron uns ingresos e gastos de 141.000 €. A partida máis importante dos gastos foi a de persoal  seguida dos programas de animación e os de formación.

276Os ingresos son na súa case totalidade procedentes do AGADER. Estas contas presentadas pola xunta directiva foron aprobadas pola unanimidade dos presentes.

O terceiro punto foi a presentación dos orzamentos para este ano 2018 que suporán un total de 164.564,72 €.

Dentro do presuposto para este ano para animación prevense máis de 17.000 € e para formación máis de 10.000.

PROXECTOS SUBVENCIONADOS NA ANUALIDADE 2017/18277

Segundo a memoria presentada o orzamento dos proxectos presentados e en execución arriba do 95% supuxeron unhas inversión de mais de 625.000 € en 9 proxectos produtivos, 4 non produtivos públicos, dous non productivos privados   e 6 cursos de formación.