Dende a Limia
17:06 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

O GDR Limia-Arnoia comezou o primeiro curso formativo

| 24 de Octubre de 2017 (19:29 h.)
Parte dos asistentes ao curso de cestería en Sandiás
Parte dos asistentes ao curso de cestería en Sandiás

Dez mulleres e dous homes comezaron o fin de semana pasado o curso de Cestería que o GDR Limia-Arnoia está a desenrolar en Sandiás.

Na Casa de Cultura do Concello e durante tres fins de semana, de venres e sábado, os asistentes faranse coas técnicas básicas da cestería tradicional para que, a poder ser, algún dos asistentes ao curso poida dedicarse no futuro a un dos oficios que está desaparecendo na nosa terra.

É preciso resaltar que para este curso houbo que facer baremo pola cantidade de aspirantes a formarse que se anotaron.