Dende a Limia
18:02 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

O Goberno declarará zonas afectadas por emerxencia aos concellos afectados polos lumes

O. Ferreiro | 24 de Octubre de 2017 (19:12 h.)
Imaxe da reunión desta mañá na Delegación do Goberno den Galicia.
Imaxe da reunión desta mañá na Delegación do Goberno den Galicia.

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, mantivo unha reunión de traballo na mañá de hoxe para analizar os danos provocados polos incendios forestais e as posibles medidas a adoptar entre as Administracións implicadas. 

O vicepresidente da Xunta manifestou que a Administración autonómica espera "en moi poucos días" habilitar as ordes de axudas.

Na citada reunión estiveron presentes o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; e os subdelegados do Goberno na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Así mesmo tamén asistiron representantes da FEGAMP e das deputacións das catro provincias galegas.

A reunión de traballo celebrouse ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en Galicia –A Coruña–. Mentres, o vicepresidente da Xunta, presente na reunión xunto á conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, manifestou que a Administración autonómica espera "en moi poucos días" habilitar as ordes de axudas que a Xunta aprobou no Consello do pasado día 19 para os afectados pola vaga de lumes.