Dende a Limia
11:45 h. Martes, 16 de Enero de 2018

Gonzalo de Vigo, el intérprete del Pacífico

| 28 de Diciembre de 2017 (22:26 h.)

DendeaLimia.com vén a vós cun novo capítulo que nos anunciaba o profesor e investigador limián da Universidade de Vigo, Óscar Ferreiro Vázquez. Hoxe saiu publicado no suplemento do Faro de Vigo un artigo elaborado por Ferreiro, baixo o título de Gonzalo de Vigo, el intérprete del Pacífico. Esta publicación responde á encomenda que lle fixo a autoridade portuaria de Vigo para dar a coñecer e ilustrar a estatua que a partir de hoxe loce no recinto de Portocultura, na zona marítima da cidade olívica. O profesor repasa a vida deste mariñeiro e conéctaa coa doutros intérpretes coñecidos pola historia de México e Perú: Malinche e Felipillo,

estatuaLembremos que esta personaxe participou na expansión ultramarina do primeiro terzo do século XVI ao servizo da Coroa de Castela para afianzar a ruta das especias cara ás Ilas Molucas do Pacífico (actuais Ilas Marianas), pero pasaría aos anais da historia por actuar como mediador lingüístico e cultural, despois de convivir durante case 5 anos entre os nativos, entre as expedicións castelás e os pobos orixinarios das illas. Converteríase accidentalmente nun hábil intérprete jurebassa logrando acordos comerciais e salvando varias veces a misión.  

Para ler o artigo prema aqui